A Revolución Industrial(término acuñado polo historiador Toymbee) é un período histórico comprendido entre a segunda metade do século XVIII e principios do século XIX, no que o Reino Unido en primeiro lugar, e o resto de Europa continental despois, sofren o maior conxunto de transformacións socioeconómicas, tecnolóxicas e culturais da Historia da Humanidade, dende o Neolítico.
A economía basada no traballo manual, foi reemplazada por outra dominada pola industria e a manufactura. A revolución comezou coa mecanización das industrias téxtiles e o desenvolvemento dos procesos do ferro. A expansión do comercio for favorecida polas melloras das rutas de transportes e posteriormente polo nacemento do ferrocarril. As innovacións máis importantes foron a máquina de vapor e a “Spinning Jenny” una potente máquina relacionada coa industria téxtil. Estas novas máquinas incrementaron a capacidade de produción. A produción e desenvolvemento de novos modelos de maquinaria nas dúas primeiras décadas do século XIX facilitou a manufactura noutras industrias e incrementou tamén a súa produción.
- Establecemos dous períodos:
– Iª Revolución Industrial (1740-1860)
-II ª Revolución Industrial (1860-1914)